O Tempo

O TEMPO EN PARADA DE RIBEIRA

domingo, 17 de abril de 2011

Centro Social de Parada (O Teleclub !!!)


O Concello de Xinzo adica preto de 4,5 millóns de
euros a obras de mellora na vila e os seus pobos

Dotar a Xinzo dunhas infraestruturas e servizos acordes coas necesidades dos seus veciños e veciñas é unha das prioridades que marca o facer diario do seu Concello, gobernado polo rexedor “popular” Antonio Pérez.
A mostra desta inquedanza do goberno municipal vese reflexada nun programa de actuacións que está a transformar o municipio. O Concello de Xinzo ten nestes momentos máis dunha vintena de obras en execución ou pendentes dunha execución inmediata. Estes traballos contan cun orzamento líquido que ronda os 4,5 millóns de euros. Con estas obras, o equipo de goberno que dirixe Antonio Pérez pretende introducir melloras tanto no núcleo de Xinzo como nos seus pobos, para facer do municipio un lugar idóneo onde vivir.

Obras en execución ou pendentes en Xinzo
Acondicionamento das marxes na estrada do Raposo 232.951 euros
Reforma da estrada 304 (avenida de Portugal) 2.161.330 euros
Ampliación do proxecto anterior 700.000 euros
Acondicionamento da praza do grupo Santa Mariña 177.414 euros
Pavimentación rúa Marcelo Macías 284.999 euros
Renovación beirarrúas avenida de Madrid 243.593 euros
Construción do campo de fútbol 300.000 euros
Contedores soterrados rúa Curros Enríquez 57.142 euros
Mellora de rúas do Forno do Concello e Constitución 45.748 euros
Arranxo forno público en Lamas 32.062 euros
Acondicionamento de centro social en Parada de Ribeira 49.500 euros
Rehabilitación de forno público en Boado 49.697 euros
Canalización da rede de saneamento en Lamas 49.980 euros
Cerramento de pendello en Mosteiro de Ribeira 28.000 euros
Arranxo fonte en Boado 4.000 euros
Arranxo fonte en Guntimil 4.000 euros
Arranxo lavadeiro en Damil 4.000 euros
Arranxo lavadeiro en Novás 4.000 euros
Arranxo lavadeiro en Pidre 4.000 euros
Arranxo lavadeiro en San Pedro de Laroa 4.000 euros
Arranxo de cruceiro en Parada de Ribeira 4.000 euros
Arranxo antigo cuartel Xinzo de Limia 4.000 euros
Canceira municipal en A Lomba 137.863 euros



Este plan de actuacións abarca obras de distinto calado,
desde intervencións en estradas ou beirarrúas ata
melloras en espazos públicos, elementos patrimoniais,
servizos e dotacións

O Teleclub adxudicarase o martes 19/04/2011
Así que, os veciños e veciñas que aportaron os 50 € para o arranxo do Teleclub, que lle pediron innecesariamente dende unha asociación que non tiña nada claro que ese centro era de titularidade pública e, polo tanto,  no que non se poden realizar obras ilegais por parte de persoas que consideran erroneamente que os bens públicos son susceptibles de ser apropiados.
 Os que aportaron os 50 € xa poden ir pensando noutro fin para os mesmos, xa que as obras serán financiadas polo Concello de Xinzo !!!

Acondicionamento do vertedoiro incontrolado

Acondicionamento do vertedoiro incontrolado que denuncian certos veciños de Parada
O Concello de Xinzo terá que destinar tempo, cartos públicos e esforzos en acondicionar unha vez máis o camiño que une a ruta da Gorgoloza coa estrada de Gudes, 
debido a un vertedoiro incontrolado
de varios veciños incívicos, insolidarios e moi pouco respectuosos co medio ambiente e cos bens comúns. Presúmese que as persoas que se burlan depositando alí o lixo como demostran as seguintes fotos, son as mesmas que se dedican a denunciar vertedoiros incontrolados.

Remate do Cruceiro

Remate da restauración do Cruceiro o 19/03/2011