O Tempo

O TEMPO EN PARADA DE RIBEIRA

lunes, 8 de noviembre de 2010

Reunión polo tema dun CENTRO SOCIAL

Hoxe luns, día 8 de Novembro,
tivemos unha reunión cos responsables políticos do noso Concello para realizar as seguintes propostas para Parada de Ribeira:
Construir un novo centro social no pobo, cumprindo coas normativas esixidas en materia de construción, ou rehabilitar o "Teleclube" existente,
edificado a finais dos anos 60 do século pasado, pero por incumprimento das normas que regulaban a construción naquela época nunca se chegou a rematar a obra.

PROPOSTAS:
Reforma, rehabilitación e remate do edificio do"Teleclub" cumprindo coa lexislación pertinente ou construción dun novo centro social.
Para ambas propostas comprometémonos a implicarnos tamén na busca de financiamento, tanto público-Xunta, Deputación de Ourense...- como privado.
Que o noso pobo poida contar cun edificio modernizado e en boas condicións para o uso e desfrute de todos, contribuirá a fomentar as relacións veciñais, permitirá realizar máis actividades e ter un espazo onde todos poidan desfrutar e facer unha mellor xestión dos seus tempos de ocio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario