O Tempo

O TEMPO EN PARADA DE RIBEIRA

domingo, 23 de enero de 2011

Xeo xunto ao cruceiro

Polas fortes xeadas de onte á noite creouse unha capa de xeo xunto á Igrexa
Para que non se producira ningún incidente persoal ou material, procedemos a botar sal

sábado, 22 de enero de 2011

Desbroce da Canella ata a fonte da Candorca

Desbroce da Canella ata a fonte

Vertidos de escombro

Recheo da pista con escombro
Acopio do escombro na estrada vella de Cobelas para ser retirado polo concello

Acondicionamento da Canella do Loureiro

Comenzo do acondicionamento da Canella do Loureiro

Estado da canella antes
Agora

Limpeza do tubo atascado

Limpeza do tubo atascado do regueiro no Soutiño que non daba tragado a auga que viña do depósito e embalsaba producindo que a auga correra pola pista do Soutiño dirección ás casas.

Bacheado das rúas

Bacheado da rúa Damil a Gudes e do Porto ata a Igrexa

miércoles, 19 de enero de 2011

Xuntanza de veciños co Alcalde

Xuntanza de veciños  co Alcalde por mor do camiño vello de Parada.
O Alcalde comprometeuse a facer o camiño como lle propuxemos e, a maiores, darlle un repaso a todas as  pistas coa motoniveladora cando mellore o tempo, para deixar as cousas ben feitas.

ESTRADA VELLA DE PARADA DE RIBEIRA



O Camiño Vello de Parada de Ribeira presenta unhas moi deficientes condicións, non desauga e desempeña, en tramos, máis ben a función dun pantano que dun camiño. Por outra parte, os propietarios das terras da man dereita do camiño (en dirección a Xinzo) non teñen acceso a elas dado que o mesmo está intransitable.

Os veciños amósanse moi interesados en utilizar este camiño tamén como alternativa peonil segura nos seus desprazamentos a pé ata Xinzo.

Así mesmo, non  dispón de cunetas adecuadas para que a auga poida discorrer por elas, provocando así frecuentes asolagamentos e causando importantes problemas a nivel medioambiental, xa que a depuradora está de lado do camiño e a fosa séptica no medio do mesmo. A consecuencia de todo o anteriormente exposto é que a auga asolaga o camiño, causando importantes molestias para os veciños.













FOTOS DO CAMIÑO:
Vista dende o comezo do camiño en Xinzo cara Parada
Tramo ao lado da depuradora con vista a Xinzo
Tramo ao lado da depuradora con vista a Parada
 Tramo con vista a Xinzo: á esquerda o peche do Chato
Nesta foto: atópase a fosa séptica no medio do camiño
Tramo con vista a Parada
Arqueta do sumidoiro destapada no camiño ao lado do Coello
Tramo ao lado do Coello, con vista a Xinzo
A nosa Proposta:

Realización das obras de acondicionamento do Camino Vello dende a marquesiña existente na estrada, diante da casa do Blanco, ata a casa do Placer o das pinturas, sendo un tramo de 2.000 metros.

A recuperación deste camiño comprende o desbroce e limpeza do mesmo dende Parada ata Xinzo co seu posterior recheo mediante material e realizando a súa canalización, facendo  unha única cuneta para aproveitar máis o ancho do camiño. A cuneta habería que realizala dende a depuradora ata a casa do Placer, pola man esquerda, para así facilitar o acceso a todas esas fincas sen necesidade de facer un pontellón para cada unha delas e no resto do tramo por onde sexa máis axeitado facelas xa que a fosa séptica se atopa no medio do camiño.


Coa recuperación deste camiño posibilitamos o acceso a tódalas fincas que a día de hoxe non o teñen e ademais, remataríamos, dunha vez por todas, tanto cos vertidos ocasionados polas persoas do pobo como cos principais vertidos da depuradora.

viernes, 14 de enero de 2011

Lavado da rúa xunto a casa da María Portuguesa

Lavado da rúa onde María Portuguesa ata o comenzo da zahorra, por estar chea de terra arrastrada pola auga que bolsaba do regueiro que ben dende o depósito

Limpeza do regueiro

Limpeza e retirada do tronco do regueiro pola Brigada de Medioambiente do Concello  dende o Depósito ata  o camiño do Soutiño

Acondicionamento da depuradora

No día de hoxe 14/01/2011 comezouse co acondicionamento da depuradora




jueves, 13 de enero de 2011

miércoles, 12 de enero de 2011

Polos brancos mortos

No día de hoxe apareceron, ao lado da depuradora, unha grande cantidade de polos brancos mortos,  arroxados alí por persoas ás que, de seguro, non lles interesa en absoluto o benestar do pobo. Este feito supón un gravísimo atentado contra o medio ambiente, os veciños e veciñas do pobo e, ao mesmo tempo, contra todos aqueles que loitan por conseguir as meirandes melloras posibles para Parada. A intencion das persoas que pretendemos que o noso pobo progrese, é a de conseguir que accións altamente reprobables como ésta non se volvan repetir.

viernes, 7 de enero de 2011

Novas

No telexornal, estos días só vemos novas como:
Ponte arrasada, rúa inundada, baixo asologado, casa derrumbada por mor dun corremento de terra...
Como todos ben sabedes, estos 3 días lévase recollido a metade do que chove en España ao longo de todo o ano. A nós, por sorte, colleunos moi ben previstos, xa que tiñamos todas as vías de desaugue limpas e desbrozadas, grazas ás xestións que nós realizamos no concello.
Temos, de antemán, que felicitar e agradecerllo á brigada de medio ambiente do concello, que seguen traballando, pero debemos recordar que non só existe Parada, senón tamén 31 pobos máis e non dan estado en todos sitios ao mesmo tempo. Pero só aprobamos cun 7 en vez dun 10 debido a que houbo un pequeno percance na aldea de arriba, do cal non tiñamos coñecemento.
Precisamos de máis axuda por parte dos veciños, xa que non temos unha bóla máxica para poder saber de todas as cousas que pasan.
Queremos agradecer a vosa colaboración, en especial, a dalgún veciño do pobo que se implicou activamente na boa resolución do percance arriba exposto.
Resumindo, os resultados da primeira fase foron satisfactorios, e agora estamos a piques de comezar coa segunda fase, despois destas festas do nadal.

PARADA NO TEMPO

RECOLLIDA DE PATRIMONIO INMATERIAL DE PARADA DE RIBEIRA

jueves, 6 de enero de 2011

Desborde da cuneta polas fortes chuvias en Entresalgueiros

 A "tajea" existente da cuneta para o alcantarillado non dá tragado a auga que ben por un lado, do Pazo, e polo outro, do depósito. A cuneta desbórdase inundando a rúa, como se aprecia na foto. A auga discorre, pobo abaixo, pasando por diante da igrexa (impedindo que os veciños cheguen con pés secos á igrexa) e seguindo ata o fondo do pobo, convertindo a rúa nun río.


PROPOSTA: entubar a auga en línea recta dende a cuneta cara o contenedor que se ve na foto, para poder recoller a auga que vén do depósito xa que a o lado se encontra a saída da "tajea" da cuneta existente, que esta inclinada para recoller a auga que vén do Pazo e non da abasto cando chove moito.