O Tempo

O TEMPO EN PARADA DE RIBEIRA

viernes, 14 de enero de 2011

Limpeza do regueiro

Limpeza e retirada do tronco do regueiro pola Brigada de Medioambiente do Concello  dende o Depósito ata  o camiño do Soutiño

Acondicionamento da depuradora

No día de hoxe 14/01/2011 comezouse co acondicionamento da depuradora




jueves, 13 de enero de 2011

miércoles, 12 de enero de 2011

Polos brancos mortos

No día de hoxe apareceron, ao lado da depuradora, unha grande cantidade de polos brancos mortos,  arroxados alí por persoas ás que, de seguro, non lles interesa en absoluto o benestar do pobo. Este feito supón un gravísimo atentado contra o medio ambiente, os veciños e veciñas do pobo e, ao mesmo tempo, contra todos aqueles que loitan por conseguir as meirandes melloras posibles para Parada. A intencion das persoas que pretendemos que o noso pobo progrese, é a de conseguir que accións altamente reprobables como ésta non se volvan repetir.

viernes, 7 de enero de 2011

Novas

No telexornal, estos días só vemos novas como:
Ponte arrasada, rúa inundada, baixo asologado, casa derrumbada por mor dun corremento de terra...
Como todos ben sabedes, estos 3 días lévase recollido a metade do que chove en España ao longo de todo o ano. A nós, por sorte, colleunos moi ben previstos, xa que tiñamos todas as vías de desaugue limpas e desbrozadas, grazas ás xestións que nós realizamos no concello.
Temos, de antemán, que felicitar e agradecerllo á brigada de medio ambiente do concello, que seguen traballando, pero debemos recordar que non só existe Parada, senón tamén 31 pobos máis e non dan estado en todos sitios ao mesmo tempo. Pero só aprobamos cun 7 en vez dun 10 debido a que houbo un pequeno percance na aldea de arriba, do cal non tiñamos coñecemento.
Precisamos de máis axuda por parte dos veciños, xa que non temos unha bóla máxica para poder saber de todas as cousas que pasan.
Queremos agradecer a vosa colaboración, en especial, a dalgún veciño do pobo que se implicou activamente na boa resolución do percance arriba exposto.
Resumindo, os resultados da primeira fase foron satisfactorios, e agora estamos a piques de comezar coa segunda fase, despois destas festas do nadal.

PARADA NO TEMPO

RECOLLIDA DE PATRIMONIO INMATERIAL DE PARADA DE RIBEIRA

jueves, 6 de enero de 2011

Desborde da cuneta polas fortes chuvias en Entresalgueiros

 A "tajea" existente da cuneta para o alcantarillado non dá tragado a auga que ben por un lado, do Pazo, e polo outro, do depósito. A cuneta desbórdase inundando a rúa, como se aprecia na foto. A auga discorre, pobo abaixo, pasando por diante da igrexa (impedindo que os veciños cheguen con pés secos á igrexa) e seguindo ata o fondo do pobo, convertindo a rúa nun río.


PROPOSTA: entubar a auga en línea recta dende a cuneta cara o contenedor que se ve na foto, para poder recoller a auga que vén do depósito xa que a o lado se encontra a saída da "tajea" da cuneta existente, que esta inclinada para recoller a auga que vén do Pazo e non da abasto cando chove moito.