No día de hoxe apareceron, ao lado da depuradora, unha grande cantidade de polos brancos mortos, arroxados alí por persoas ás que, de seguro, non lles interesa en absoluto o benestar do pobo. Este feito supón un gravísimo atentado contra o medio ambiente, os veciños e veciñas do pobo e, ao mesmo tempo, contra todos aqueles que loitan por conseguir as meirandes melloras posibles para Parada. A intencion das persoas que pretendemos que o noso pobo progrese, é a de conseguir que accións altamente reprobables como ésta non se volvan repetir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario