A "tajea" existente da cuneta para o alcantarillado non dá tragado a auga que ben por un lado, do Pazo, e polo outro, do depósito. A cuneta desbórdase inundando a rúa, como se aprecia na foto. A auga discorre, pobo abaixo, pasando por diante da igrexa (impedindo que os veciños cheguen con pés secos á igrexa) e seguindo ata o fondo do pobo, convertindo a rúa nun río.

PROPOSTA: entubar a auga en línea recta dende a cuneta cara o contenedor que se ve na foto, para poder recoller a auga que vén do depósito xa que a o lado se encontra a saída da "tajea" da cuneta existente, que esta inclinada para recoller a auga que vén do Pazo e non da abasto cando chove moito.

No hay comentarios:
Publicar un comentario