O Camiño Vello de Parada de Ribeira presenta unhas moi deficientes condicións, non desauga e desempeña, en tramos, máis ben a función dun pantano que dun camiño. Por outra parte, os propietarios das terras da man dereita do camiño (en dirección a Xinzo) non teñen acceso a elas dado que o mesmo está intransitable.
Os veciños amósanse moi interesados en utilizar este camiño tamén como alternativa peonil segura nos seus desprazamentos a pé ata Xinzo.
Así mesmo, non dispón de cunetas adecuadas para que a auga poida discorrer por elas, provocando así frecuentes asolagamentos e causando importantes problemas a nivel medioambiental, xa que a depuradora está de lado do camiño e a fosa séptica no medio do mesmo. A consecuencia de todo o anteriormente exposto é que a auga asolaga o camiño, causando importantes molestias para os veciños.
FOTOS DO CAMIÑO:
Vista dende o comezo do camiño en Xinzo cara Parada
Tramo ao lado da depuradora con vista a Xinzo
Tramo ao lado da depuradora con vista a Parada
Tramo con vista a Xinzo: á esquerda o peche do Chato
Nesta foto: atópase a fosa séptica no medio do camiño
Tramo con vista a Parada
Arqueta do sumidoiro destapada no camiño ao lado do Coello
Tramo ao lado do Coello, con vista a Xinzo
A nosa Proposta:
Realización das obras de acondicionamento do Camino Vello dende a marquesiña existente na estrada, diante da casa do Blanco, ata a casa do Placer o das pinturas, sendo un tramo de 2.000 metros.
A recuperación deste camiño comprende o desbroce e limpeza do mesmo dende Parada ata Xinzo co seu posterior recheo mediante material e realizando a súa canalización, facendo unha única cuneta para aproveitar máis o ancho do camiño. A cuneta habería que realizala dende a depuradora ata a casa do Placer, pola man esquerda, para así facilitar o acceso a todas esas fincas sen necesidade de facer un pontellón para cada unha delas e no resto do tramo por onde sexa máis axeitado facelas xa que a fosa séptica se atopa no medio do camiño.
Coa recuperación deste camiño posibilitamos o acceso a tódalas fincas que a día de hoxe non o teñen e ademais, remataríamos, dunha vez por todas, tanto cos vertidos ocasionados polas persoas do pobo como cos principais vertidos da depuradora.











No hay comentarios:
Publicar un comentario