O Tempo

O TEMPO EN PARADA DE RIBEIRA

sábado, 22 de enero de 2011

miércoles, 19 de enero de 2011

Xuntanza de veciños co Alcalde

Xuntanza de veciños  co Alcalde por mor do camiño vello de Parada.
O Alcalde comprometeuse a facer o camiño como lle propuxemos e, a maiores, darlle un repaso a todas as  pistas coa motoniveladora cando mellore o tempo, para deixar as cousas ben feitas.

ESTRADA VELLA DE PARADA DE RIBEIRA



O Camiño Vello de Parada de Ribeira presenta unhas moi deficientes condicións, non desauga e desempeña, en tramos, máis ben a función dun pantano que dun camiño. Por outra parte, os propietarios das terras da man dereita do camiño (en dirección a Xinzo) non teñen acceso a elas dado que o mesmo está intransitable.

Os veciños amósanse moi interesados en utilizar este camiño tamén como alternativa peonil segura nos seus desprazamentos a pé ata Xinzo.

Así mesmo, non  dispón de cunetas adecuadas para que a auga poida discorrer por elas, provocando así frecuentes asolagamentos e causando importantes problemas a nivel medioambiental, xa que a depuradora está de lado do camiño e a fosa séptica no medio do mesmo. A consecuencia de todo o anteriormente exposto é que a auga asolaga o camiño, causando importantes molestias para os veciños.













FOTOS DO CAMIÑO:
Vista dende o comezo do camiño en Xinzo cara Parada
Tramo ao lado da depuradora con vista a Xinzo
Tramo ao lado da depuradora con vista a Parada
 Tramo con vista a Xinzo: á esquerda o peche do Chato
Nesta foto: atópase a fosa séptica no medio do camiño
Tramo con vista a Parada
Arqueta do sumidoiro destapada no camiño ao lado do Coello
Tramo ao lado do Coello, con vista a Xinzo
A nosa Proposta:

Realización das obras de acondicionamento do Camino Vello dende a marquesiña existente na estrada, diante da casa do Blanco, ata a casa do Placer o das pinturas, sendo un tramo de 2.000 metros.

A recuperación deste camiño comprende o desbroce e limpeza do mesmo dende Parada ata Xinzo co seu posterior recheo mediante material e realizando a súa canalización, facendo  unha única cuneta para aproveitar máis o ancho do camiño. A cuneta habería que realizala dende a depuradora ata a casa do Placer, pola man esquerda, para así facilitar o acceso a todas esas fincas sen necesidade de facer un pontellón para cada unha delas e no resto do tramo por onde sexa máis axeitado facelas xa que a fosa séptica se atopa no medio do camiño.


Coa recuperación deste camiño posibilitamos o acceso a tódalas fincas que a día de hoxe non o teñen e ademais, remataríamos, dunha vez por todas, tanto cos vertidos ocasionados polas persoas do pobo como cos principais vertidos da depuradora.

viernes, 14 de enero de 2011

Lavado da rúa xunto a casa da María Portuguesa

Lavado da rúa onde María Portuguesa ata o comenzo da zahorra, por estar chea de terra arrastrada pola auga que bolsaba do regueiro que ben dende o depósito

Limpeza do regueiro

Limpeza e retirada do tronco do regueiro pola Brigada de Medioambiente do Concello  dende o Depósito ata  o camiño do Soutiño

Acondicionamento da depuradora

No día de hoxe 14/01/2011 comezouse co acondicionamento da depuradora




jueves, 13 de enero de 2011